A citania de Lambrica -Lámbrica- está entre os concellos de Punxín e San Amaro, en Ourense. As incursións fotográficas na citania foron pensadas pra dar a coñecer publicamente e de balde o monumento, pechado permanentemente con aramio pra obrigar aos visitantes a mercar unha entrada.
Dende tempo inmemorial as visitas á citania foron gratuítas. Un monte cun elemento patrimonial de tanta transcendencia non pode ter cancelas, ten que estar aberto ás visitas do público. O coñecemento da nosa prehistoria e dos nosos monumentos máis sobranceiros será cada vez menor se os pechamos con aramio.
🐍
